Comeza a campaña electoral

Ti tamén contas.

Temos oídos para todos os membros do colectivo PTXAS. Os valores que nos inspiran son a transparencia na negociación e a participación activa de todas as persoas na toma de decisións.

Se tes calquera preocupación, queres compartir unha inquedanza ou simplemente coñecer máis sobre o noso traballo, estamos aquí para escoitarte e acompañarte.

O noso compromiso

O día a día no traballo é esixente e en moitas ocasións aparecen dúbidas, inquedanzas ou sensacións de inxustiza que non sabemos como afrontar de xeito individual. O apoio do colectivo é fundamental.

Desde esta sección, comprometémonos a que non vos sintades sós. O noso compromiso é escoitarvos, asesorarvos e defender os nosos dereitos para que todo o PTXAS teñamos unhas condicións laborais dignas e xustas.

Loitar polo que é xusto non é doado, pero nós temos claro que xuntos podemos facer moito máis do que cremos.

Este é o noso compromiso:

Cada preocupación, idea ou proposta será tratada con seriedade, rigor e compromiso.

Informaremos con claridade e honestidade de cada paso que deamos, porque a confianza se constrúe desde a sinceridade e a transparencia.

Traballaremos para que as nosas reivindicacións cheguen con forza onde se toman as decisións importantes.

A nosa representación estará ao servizo do beneficio común, baseándose na cooperación e o coñecemento compartido.

A Lámpada

A Lámpada é o recuncho dende o que FOL UVigo PTXAS ofréceche artigos, ideas e recursos informativos que che permitirán coñecer os nosos puntos de vista sobre aspectos clave:

DÉIXATE VER.

TI TAMÉN CONTAS.

PTXAS adiante para dar forza aos teus dereitos

Únete a nós para impulsar o cambio na representación sindical da UVigo.