Déixate ver.

Comeza a facer que a túa voz se escoite. Únete a FOL UVigo PTXAS e déixate ver na toma de decisións sobre políticas de persoal.

Fotografía: Puri

Déixate ver.

Despois de case sete anos, convócanse novamente eleccións á Xunta de PTXAS e todos e todas nós temos a oportunidade de formar parte dun novo órgano que representará lexítimamente ao noso colectivo na Universidade de Vigo durante catro anos.

Non hai moito tempo que un grupo de compañeiras e compañeiros decidimos que era o momento de dar un paso adiante para conformar unha nova lista que aglutinase aos que cremos que a representación sindical ten que ser outra cousa distinta á vivida nos últimos tempos. Unha representación en voz alta para defender os nosos dereitos e, en voz alta tamén, para informar ao colectivo que representamos.

Esa lista é hoxe xa unha realidade, e o seu programa, grazas ás aportacións de todas as persoas que a conformamos, a garantía de que a experiencia será un éxito incontestable. Por iso, porque confiamos nas túas aportacións, consideramos que debes deixarte ver. Porque a túa participación é moi importante. É fundamental.

Se estás interesado en formar parte con nós da lista de FOL UVigo PTXAS non tes más que enviar un correo electrónico ao enderezo fol@uvigo.es e poñerémonos en contacto contigo inmediatamente.

Por unha Xunta de Persoal que nos represente en voz alta.

Se entras a formar parte da nosa lista comprométeste facer unha representación en voz alta: para defender os nosos dereitos e para informar puntualmente das negociacións e os acordos acadados.