
FOL UVigo PTXAS
Déixate ver. Ti tamén contas.
Quen somos?
Somos un grupo de funcionarias e funcionarios PTXAS da Universidade de Vigo que consideramos preciso un cambio urxente na representación sindical porque cremos que a universidade debe estar na vanguardia das políticas públicas de persoal e servir como referente para outras institucións.
Na nosa lista prima a liberdade de opinión e ningunha persoa está suxeita a ningún tipo de consigna que non sexa a de loitar para mellorar as condicións laborais de todo o colectivo PTXAS.
Coa nosa participación o que queremos é, en definitiva, aportar aire fresco e modernidade ás políticas de persoal na Universidade de Vigo.

Catro eixos básicos do noso enfoque:
O noso enfoque basease no traballo conxunto para acadar melloras nas nosas condicións laborais, contribuíndo á construción dunha universidade máis xusta e equitativa.
Estas ideas non son máis que un punto de partida. Por iso, convidámoste a participar activamente compartindo as túas ideas e suxestións nas vindeiras reunións, así como a través das canles que xa temos habilitadas.
A túa voz é esencial para construír un programa que nos represente a todos e nos permita avanzar cara a un futuro mellor e máis xusto para o PTXAS.