O noso programa
Debaixo destas liñas tes a túa disposición o noso programa de propostas para os vindeiros catro anos. O noso compromiso é loitar por elas con tenacidade e informando permanentemente do estado de cada negociación. En cada bloque atoparás destacados algún dos puntos que consideramos máis importantes. Cada día de campaña publicaremos un novo video explicativo no que explicaremos e completaremos cada un dos bloques, segundo o cronograma que indicamos nos botóns de video.
Emprego e
estabilidade laboral
Por un modelo de emprego estable, predecible e basado na igualdade de oportunidades.
- Incorporación á RPT de todos os postos estructurais.
- Negociación urxente dunha OPE 2025 con todas as prazas vacantes.
- Creación dunha bolsa permanente actualizable para o persoal interino.
- Regulación de prazos mínimos de cobertura de vacantes ou baixas.
- Eliminación de servizos externalizados.
- Moito máis (visualiza video abaixo)
Podes ver todo o que propoñemos neste apartado no seguinte video:
Retribucións e
carreira profesional
Apostamos por un sistema salarial e de promoción profesional máis xusto e accesible:
- Implantación do concurso de traslados aberto permanente.
- Negociación urxente de promocións internas C2-C1 e C1-A2
- Creación dun plan de itinerarios profesionais para todo o persoal.
- Carreira horizontal con complemento retributivo por formación.
- Transparencia retributiva.
- Moito máis (visualiza video abaixo)
Podes ver todo o que propoñemos neste apartado no seguinte video:
Conciliación, saúde laboral acción social
Porque cremos que o equilibrio entre a vida laboral e a persoal non reduce a produtividade:
- Xornada flexible e redución progresiva ata as 32 horas/4 días semanais.
- Plan híbrido de Teletraballo voluntario.
- Convenio médico que inclúa revisión xinecológica con citoloxía e ecografía.
- Ampliación do horario reducido a todo o periodo escolar non lectivo.
- Bolsa horaria por conciliación (40 horas ano)
- Moito máis (visualiza video abaixo)
Podes ver todo o que propoñemos neste apartado no seguinte video:
Transparencia e participación
Un modelo de xestión do PTXAS no que as decisións sexan públicas e participativas.
- Dúas asembleas ordinarias ao ano.
- Nova web da Xunta de Persoal con información, documentación e actas.
- Emisión on-line de votacións da Xunta PTXAS.
- Moito máis (visualiza video abaixo)
Podes ver todo o que propoñemos neste apartado no seguinte video:
Sostibilidade
e mobilidade
Por un modelo que basee o seu éxito no compromiso de todas as persoas.
- Ampliación da tarxeta de vitrasa “PassVigo Universitario” a o PTXAS da UVigo.
- Incremento de puntos de recarga para vehículos eléctricos en todos os campus.
Podes ver todo o que propoñemos neste apartado no seguinte video :
Administración
paralela non.
Por unha universidade profesionalizada e especializada en cada ámbito.
- Limitación das tarefas administrativas ou técnicas ao PTXAS.
- Incorporación á RPT como prazas de PTXAS as direccións de área.
- Moito máis (visualiza video abaixo)
Podes ver un resumen global do programa no seguinte video: