O que segue son unhas liñas programáticas iniciais co obxectivo de abordar as necesidades do ATIC e de todo o persoal TIC na Universidade.
Estas propostas buscan mellorar a estrutura, as condicións laborais e a eficacia do servizo, sempre desde unha perspectiva participativa.
Identificamos varias áreas clave que consideramos prioritarias:
- Organización e estrutura interna do ATIC: Propoñemos unha reorganización que contemple áreas funcionais especializadas (automatización, desenvolvemento e mantemento de aplicacións, ciberseguridade etc.)/ etc.), xunto coa creación dunha Relación de Postos de Traballo (RPT) adecuada que permita cubrir as carencias actuais.
- Carreira profesional e promoción interna: Creación de itinerarios de desenvolvemento profesional, convocatorias de promoción interna periódicas e o recoñecemento da especialización técnica mediante incentivos.
- Conciliación da vida laboral e persoal: Regulación do teletraballo, flexibilización horaria e a garantía de que as baixas e permisos cúbranse adecuadamente para evitar a sobrecarga de traballo.
- Aposta pola ciberseguridade e recursos estratéxicos: Formación dun equipo especializado en ciberseguridade, desenvolvemento interno de aplicacións e redución da dependencia de ferramentas externas.
- Usuarios e calidade do servizo: Implementación de metodoloxías de traballo áxiles, estandarización de procedementos e mellora das canles de comunicación cos usuarios.
- Participación activa e transparente: Compromiso da Sección da Fronte do PTXAS da Universidade de Vigo coa defensa das necesidades do ATIC, mediante a creación de canles directas de comunicación e propostas específicas nas negociacións colectivas.
É importante destacar que estas liñas non son un documento pechado. Queremos que sexan a base para un debate aberto no que ti e o resto das persoal TIC poidades participar activamente, achegando ideas, emendas ou modificacións. Estamos convencidos de que as mellores solucións xorden do diálogo e da experiencia directa de quen traballa día a día no ATIC